Larga experiencia no sector naval cos nosos traballos para estaleiros navais e barcos da armada.

s
Forros e cubertas de todo tipo de madeiras
s
Elementos estructurais
s
Habilitación naval
s
Carpintería metálica
Máxima calidade

Traballamos man a man co cliente seguindo todas as características técnicas e normativas do sector, o que nos fai obter a máxima calidade nos nosos traballos.

Cubertas

Forros e cubertas de todo tipo de madeiras

Somos profesionais da carpintería náutica para buques e embarcacións. Mantemos, reparamos e instalamos cubertas novas ou en mal estado.

Contamos cunha consolidada experiencia na fabricación e instalación de cubertas para a industria naval, realizando ademais, a inspección técnica que nos asegura o cumprimento de requisitos e normas.

  • Cubertas de teca
  • Forro de cuberta
  • Revestimentos, illamentos e acabados

Ofrecemos un servizo integral de fabricación e asesoramento técnico, incluíndo a montaxe e supervisión para garantir a calidade do noso traballo.

Habilitación naval

Calidade por excelencia

Realizamos un servizo integral de habilitación naval. Contamos con man de obra cualificada e especializada cubrindo altos estándares de calidade.

Dispoñemos de contratos chave en man cos que garantimos unha habilitación completa de todos os departamentos da embarcación asegurando non só unha maior comodidade e eficiencia, senón tamén o cumprimento de todas as esixencias técnicas ás que nos enfrontamos.

Servizos

Mobles

Mamparos

Portas

Paneis e Teitos

Tapicerías

Pavimentos

Chans

Empregamos materiais de calidade cos que certificamos a idoneidade dos nosos produtos a ambientes mariños e a súa resistencia ao longo do tempo.

No posts were found for provided query parameters.

Carpintería metálica

Ademais da fabricación de mobiliario de madeira a medida e doutros elementos que compoñen as embarcacións, en SEIJAS contamos con profesionais da soldadura e ferrería que nos permiten chegar á elaboración e montaxe de elementos íntegros e combinados de carpintería metálica e PVC.
Aplicacións de carpintería metálica:
  • Estruturas metálicas
  • Xanelas e portas
  • Cerramentos e illamentos
  • Biombos e varandas

Traballamos coas especificacións técnicas que nos garanten o cumprimento de todos os requisitos legais e de seguridade  imprescindibles no sector.

Subir Arrastra Ver