Vivendas con personalidade e mobiliario a medida único, adaptado aos novos estilos de vida.

Servizos

Mobiliario para vivendas

Cociñas

Armarios e vestidores

Mobles a medida 

Baños

Portas

Xanelas

Chans

Restauración

Realizamos a carpintaría a medida da túa cociña.

A túa cociña

Encargámonos do deseño, fabricación, instalación e montaxe da carpintaría da túa cociña, independentemente do estilo de cociña que requira o cliente. Tanto se se trata dunha reforma como unha obra nova, levamos a cabo un estudo previo do proxecto para adaptarnos ao espazo, axilizar tempos e conseguir o acabado perfecto. Traballamos coa mellor materia prima e coa combinación de técnicas de carpintaría tradicionais e de vangarda que nos fan obter o mellor resultado no mobiliario, sexa cal for a madeira que tratemos. En SEIJAS somos especialistas en carpintaría artesanal e contamos cos medios e experiencia necesarios para levar a cabo traballos de carpintaría metálica. Dispoñemos de profesionais da ferrería e doutras técnicas como fontanería, albanelaría, electricidade, etc. que nos permiten asegurar un servizo íntegro aos nosos clientes.

En SEIJAS contamos cunha longa experiencia na fabricación de mobles a medida, desde proxectos de gran escala, como elementos de mobiliario únicos.

Máis servizos

Baños accordion-plus accordion-minus

Somos especialistas na fabricación a medida de mobles para baños. Traballamos cos mellores materiais e as madeiras adecuadas para crear un mobiliario resistente e duradeiro para as condicións de temperatura e humidade propias da estancia.

Tanto mobles para lavabos como mobles auxiliares, buscamos sempre a máxima optimización da capacidade de almacenaxe do baño.

Ademais da fabricación, o noso equipo multidisciplinar ten a capacidade de levar a cabo a instalación do mobiliario tendo en conta fontanería, electricidade, etc.

Portas accordion-plus accordion-minus

En SEIJAS deseñamos, fabricamos e instalamos portas de madeira a medida para o interior e exterior da vivenda.

Encargámonos da fabricación e instalación de toda clase de portas, de diversos acabados e combinadas con outros materiais. Ademais, contamos con diferentes tipos de portas segundo o sistema de apertura e seguridade, adaptándonos ás necesidades de cada cliente.

  • Portas corredeiras
  • Portas de madeira maciza
  • Portas blindadas
  • Portas abatibles
  • Portas con ou sen cristais
  • Portas de paso
  • Portas acoirazadas
  • Portas abatibles

Elaboramos un orzamento personalizado para cada proxecto, de acordo aos materiais, ao volume de servizo e ao tempo de man de obra empregado.

Armarios e vestidores accordion-plus accordion-minus

Fabricamos armarios e vestidores a medida, aproveitando ao máximo o espazo, axustándonos á decoración da vivenda e adaptándonos aos gustos do cliente.

En SEIJAS traballamos cos mellores provedores da zona cos que garantimos un resultado óptimo e duradeiro no tempo.

Ofrecemos un excelente servizo ao cliente, garantindo un traballo eficiente e cumprindo cos prazos de entrega acordados. 

Chans accordion-plus accordion-minus

O noso equipo de profesionais ten unha longa experiencia na fabricación e instalación de chans de madeira tanto de interior como de exterior. 

Levamos a cabo a instalación completa dos chans en reformas integrais e obras novas adaptándonos ás condicións e ofrecendo acabados duradeiros e resistentes ao desgaste.

Xanelas accordion-plus accordion-minus

Fabricamos xanelas a medida integramente de madeira, mixtas ou de aluminio adaptándonos ás necesidades da vivenda e asegurando unhas condiciones termo-acústicas óptimas.

Traballamos con diferentes tipos de materiais e cerramentos controlando a súa resistencia e durabilidade. 

Restauración

Propósito

O noso compromiso co Medio Ambiente e o respecto pola nosa materia prima principal, a madeira, fainos estar en constante coñecemento coas últimas técnicas de restauración.  En SEIJAS realizamos restauracións, tanto de obras como de pezas únicas, conservando o máximo material posible e dándolle unha segunda vida útil ao moble, independentemente do tipo de madeira ao que nos enfrontemos.

Proceso
Realizamos a reforma integral da túa vivenda
Realizamos a reforma integral da túa vivenda

Descobre as nosas rehabilitacións.

Subir Arrastra Ver